titulo de benvida

ENDEREZO POSTAL
CASA DA CULTURA
Carballeira de Santa Minia, 5 - Pedrouzos
Teléfono: 981 50 99 08 - Fax: 981 50 99 69
E-mail: voluntariado@briondixital.org

OBXECTIVOS
Promoción do voluntariado buscando as canles axeitadas para favorece-la participación dos veciños na vida social, cultural, laboral, comunitaria do Concello

DESTINATARIOS
Poboación do Concello en xeral, maior de 16 anos, interesados en colaborar nas distintas actividades de voluntariado que se organizan dende as diferentes entidades de voluntariado de Brión (concello e asociacións)

SERVIZOS DA OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO
Promoción do voluntariado
Promoción do asociacionismo
Entidades de voluntariado
Vacacións en Paz para nenos saharauis
Servizo de Voluntariado ambiental

OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO
OBXECTIVOS
Promoción do voluntariado buscando as canles axeitadas para favorece-la participación dos veciños na vida social, cultural, laboral, comunitaria do Concello

DESTINATARIOS
Poboación do Concello en xeral, maior de 16 anos, interesados en colaborar nas distintas actividades de voluntariado que se organizan dende as diferentes entidades de voluntariado de Brión (concello e asociacións)

SERVIZOS
Promoción do voluntariado: sensibilización, información, captación, formación, programación de actividades... nas entidades de voluntariado
Promoción do asociacionismo

ACTIVIDADES:
apoio familiar
acompañamento hospitalario
“A tal hora? clube de ocio para discapacitados
promoción de rutas de sendeirismo
actividades puntuais
Servizo de Voluntariado Europeo

ENTIDADES DE VOLUNTARIADO
OBXECTIVOS
Apoio na xestión administrativa e na xestión de actividades das entidades de voluntariado do Concello de Brión

DESTINATARIOS
Entidades de Voluntariado do Concello de Brión

ENTIDADES
Asoc. Xuvenil CARBALLEIRA
Asoc. Xuvenil DENOCIÑA
Asoc. Veciños CAMPANAS DE BASTAVALES
PROTECCIÓN CIVIL
Asoc. Mulleres XUNTANZA

VACACIÓNS EN PAZ PARA NENOS SAHARAUIS
OBXECTIVOS
Acollemento temporal de nenos dos campamentos de refuxiados do Sáhara

DESTINATARIOS
Familias do concello de Brión

SERVIZOS
Información
Xestión administrativa
Selección de familias
Apoio e seguemento

VOLUNTARIADO AMBIENTAL
INFORMACIÓN XERAL
O proxecto de voluntariado ambiental, inspirado en experiencias anteriores e en intentos de poñer en marcha proxectos concretos de voluntariado e educación ambiental, retómase este ano coa colaboración da Asociación “Argallando, educación e tempo libre? co fin de desenvolver neste concello un proxecto de educación ambiental, con actividades dirixidas a toda a poboación, do que formaría parte este grupo de voluntariado ambiental como motor principal do mesmo.

OBXECTIVOS
Promover e facilitar a participación dos veciños do Concello no desenvolvemento de proxectos de interese social e comunitario no Concello de Brión, en concreto en accións vinculadas á protección do medio, a través de diversas propostas de actividades relacionadas coa educación ambiental.

FUNCIONAMENTO DO GRUPO
Co fin de acadar un maior grado de operatividade, tendo en conta que o grupo posiblemente varíe dun día para outro, non sendo sempre fixo, plantéxase un sistema de funcionamento coordinado e autónomo.
Nas xuntanzas de todos os voluntarios plantexaranse as actividades que nos poidan interesar, pero tan só se levarán a cabo aquelas que se acorden entre todos e para as que haxa, como mínimo, un grupo de 3-4 persoas que se encargue de coordinala e colaborar de xeito permanente. As persoas interesadas en participar nesa actividade terán que poñerse en contacto co grupo coordinador e entre todos decidirán os pasos a thailand swansea jerseys dar e as accións concretas a desenvolver en relación a esa actividade, así coma o calendario previsto de actuación. Informarán das accións concretas ao grupo de promoción, con tempo suficiente para que se encargue de publicitalas.
Cada actividade funcionará de xeito independente e unha vez ao mes aproximadamente, ou aproveitando que imos coincidir todos en accións concretas, convocarase unha xuntanza de todos os voluntarios co fin de informar sobre o desenvolvemento das distintas actividades, propoñer novas actividades ou cambios nas existentes, propoñer melloras no sistema de funcionamento do proxecto, etc.

ACTIVIDADES
En principio a proposta era estructurar o proxecto en torno a 2 actividades concretas (as nosas árbores e percorrendo Brión), se ben na primeira xuntanza do grupo incorporáronse, a proposta dos propios voluntarios, dúas novas (viveiro de árbores e promoción): PERCORRENDO BRIÓN, VIVEIRO DE ÁRBORES, AS NOSAS ÁRBORES, PROMOCIÓN.

COMO PARTICIPAR COMO VOLUNTARIO AMBIENTAL:
Para inscribirse como voluntario tes que poñerte en contacto coa Oficina Municipal de Voluntariado.
Para participar en actividades concretas do proxecto podes poñerte en contacto ben coa Oficina Municipal de Voluntariado, indicando no momento da inscrición qué actividade che interesa, ou poñéndote en contacto directo coa persoa que coordina esa actividade.

COMO PARTICIPAR COMO COLABORADOR:
Se queres participar só en accións puntuais (xornadas de limpeza, saídas para a sinalización de rutas, descubertas? podes apuntarte no servizo de avisos por SMS do concello cubrindo a ficha que se xunta ou poñerte en contacto coa Oficina Municipal de Voluntariado.
As convocatorias para os voluntarios faranse a través de correo electrónico e/ou correo normal.
As convocatorias para actividades puntuais faranse a través de bandos municipais, servizo SMS e as páxinas web do concello.