titulo de benvida

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO INVERNO
De Luns a Venres - 7:45 a 15:15 h.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO VERÁN (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
De Luns a Venres - 8:30 a 14:30 h.

ENDEREZO POSTAL
Praza do Concello, Nº 1 - Pedrouzos
Teléfono: 981 887 006 - Fax: 981 887 431
e-mail: concello@concellodebrion.org

SERVIZOS DO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
NORMATIVA:
Resolución do 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime xurídico de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.

SERVIZOS QUE OFRECE O PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

ENTIDADES AUTORIZADAS PARA A RPESTACIÓN DO SERVIZO
As corporacións locais e as demais administracións públicas, así como os entes e organismos delas dependentes.

REQUISITOS
- Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
- Ser titular catastral, o seu representante ou a persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

DOCUMENTACIÓN
- Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
- Acreditación, no seu caso, da representación ou da autorización.

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia /subxerencia do catastro, á que o interesado debe desprazarse cheap thailand sweden jerseys ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco se poderán atender no Punto de Información Catastral as solicitudes dos que se amparen nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.