titulo de benvida
Grumir Concello de Brión

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:
De Luns a Domingo: 24 h.
Paseo de Pedrouzos, nº 7
Tl. 629 871 542
Fax. 981 887 523
email: emerxenciasbrion@hotmail.com

SERVIZOS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS BRIÓN:
De maneira xenérica, as establecidas nos Plans de Emerxencia Municipal (PEMUs), Plans de Actuación Municipal (PAM), e nos diferentes Plans de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, previstos na normativa legal vixente, que afecten a súa demarcación territorial.

De maneira específica:
Intervención en incendios forestais e urbanos, no ámbito territorial da súa demarcación. No caso de que na súa demarcación exista parque comarcal de bombeiros, a actuación en incendios urbáns realizarase de xeito coordinado con éste.

Intervención para manter en condicións óptimas para a circulación da rese de estradas de titularidade autonómica, mediante a súa limpeza e retirada de obxectos, especialmente en caso de accidente, utilizando para elo os materiais e medios que se requiran (camión bomba, desengraxantes, dispersantes, etc) de modo que se asegure unha perfecta limpeza da estrada sendo os Concellos esponsables das posibles reclamacións que se deriven das súas actuacións.

Intervención e situacións derivadaa de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos , derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca.

Colaboración, e no seu caso, intervención en situacións derivadas de riscos inducidos polo home.

Colaboración coas autoridades competentes en aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados, en temas de seguridade vial.

Colaboración e apoio de calquera situación que implique riscos para persoas, bens ou medio ambiente.

Realización de actividades no seu caso establecemento de medidas preventivas que disminúan ou minimicen as situacións de riscos indicados nos apartados anteriores.

E calquera outra que implique colaboracións cos concellos en materia de cheap michael kors belts protección civil, medio ambiente, servicios sociais, sanidade, culturais, educativos e deportivos.

O persoal que forme parte da estructura estable realizará, ademais, sempre baixo a dirección do Alcalde ou concelleiro no que el delegue, as seguintes funcións:
Coordinación técnica das actividades do GRUMIR no concello.

Información a tempo real das emerxencias nas que actúe o GRUMIR coa Central de Coordinación de Emerxencias 112.

Coordinación técnica do servicio municipal de protección civil.

Información das actividades realizadas de forma periódica, tanto ó seu concello como a FEGAMP, que coordinará e transmitirá esta información ós Órganos da Comunidade Autónoma que estean afectados en cada caso.

Coordinación cos Distritos Forestais ou cos Servicios de Defensa Contra Incendios Forestais nas épocas de máximo risco.

 
SERVIZO COFINACIADO POLA XUNTA DE GALICIA | DEPUTACIÓN DA CORUÑA | CONCELLO DE BRIÓN