rutas de sendeirismo
rutas de sendeirismo
 

A AMAIA, PASALA CON DÍA

Brión é terra de percorre-la de vagar, mellor a pé ou de a cabalo aproveitando calquera das instalacións hípicas existentes. Xa aconsella o vello refrán: "A Amaia, pasala con día", para disfrutala, para descubrir a cada canto as variedades da súa paisaxe ("A Amaía é Galicia enteira en grandiosa síntese"). Asomarse ás atalaias do seu ondulante relevo: admira-lo val desde as Torres de Altamira ou dese o adro de Bastavales. Perderse na enramada ó longo de calquera dos seus infinitos fíos de auga: Brión é unha "mesopotamia" entre o Sar e o Tambre, cun tecido húmido de pequenos afluentes troiteiros, de augas transparentes, e reqgueiriños.

O visitante pódese mover ó chou, sen medo a perderse, ou programa-lo percorrido segundo as súas apetencias. Aquí propoñemos algunhas rutas que consideramos máis suxestivas.

linea

A HORA DE FACER AS RUTAS TEN EN CONTA QUE:

1.- O percorrido farase andando. Empregar medios de locomoción non sería sendeirismo, molestaría ós demáis usuarios e alteraría a natureza.

2.- Se te afastas do sendeiro, non pises cultivos nin inváda-las propiedades privadas.

3.- Non tires desperdicios ó chan. Recolle todo antes de abandona-lo monte.

4.- Non botes ós regatos lixo, latas con graxa, botellas, etc. As ovellas, cabalos, vacas e demáis, acudirán a beber e poden ferirse ou intoxicarse.

5.- Ten moito coidado co lume. Non prendas lume fóra dos sitios autorizados.

6.- Respecta a tódolos animais e vexetais por insignificantes que che parezan. mellor tomar notas e fotos que exemplares.

7.- Non persigas ou escorrentes ós paxaros e demais animais. Non estrágue-los seus niños, tobos ou agochos.

8.- Non arrinque-las flores ventureiras nin os cogumelos. Non esgáce-las polas das árbores.

9.- Aínda que no campo e no monte hai talos, follas, flores e froitos comestibles (fanerógamas, cogumelos, moras, castañas...) hainos tamén velenosos, mesmo mortais. Non leves á boca nada que non coñezas ben.

10.- Hai tamén animais (larvas, eirugas, avésporas, alacráns...) e memo plantas (ortigas...) que son perigosas soamente con tocalas. Ten coidado.

11.- Se te acompaña o can, debes levalo suxeito para que non asuste ós demáis animais.

¡ A NATUREZA OFRÉCECHE ORDE, PAZ, QUIETUDE, BELEZA E OUTROS RECURSOS. DISFRUTA DELA, NON A QUEBRANTES!