Rosalía cumpre 180 anos
22 DE FEBREIRO DE 2017

- ROSALÍA CUMPRE 180 ANOS: Un espectáculo de María Torres para público infantil o vindeiro 17 de Marzo ás 18 h. na Biblioteca Municipal de Brión.

- EXPRESO E OUTROS POEMAS DA VÍA: Presentación do libro de posía de Xulio Cid o vindeiro 17 de marzo ás 20:30h. na Sala Municipal de Exposicións.

- DÍA DO TEATRO: O vindeiro 27 de marzo ás 18h. celébrase o día do teatro en Brión co espectáculo "O Xigante" da compañáia Elefante Elegante, na sala infantil da Biblioteca Municipal de Brión.

- SENDEIRISMO ABRIL 2017: O departamento de deportes programa duas novas rutas de sendeirismo, o 8 DE ABRIL: Ruta de Leiro a Carballeda de Avia [Ourense] e o 22 DE ABRIL: Ruta de Serra de Outres a Abelleira [A Coruña].

- RECLAMACIÓN CORTES DE LUZ: Os vecinos e veciñas afectados polos cortes de suministro eléctrico sucedidos nas derradeiras semanas, dispoñen dun servizo gratuíto de asesoramento procedente da Deputación da Coruña.

- POBREZA ENERXÉTICA: Convocanse axudas contra a pobreza enerxética para vitar cortes de suministro eléctico e de gas.

- CLUB CAMALEÓN: Actividade de animación á lectura para nenos/as de 3 a 8 anos de idade acompañados dun adulto. Na Biblioteca Pública Municipal de Brión.

- TERMALISMO 2017: Convócanse prazas de balnearios para o ano 2017. As solicitudes poden presentarse no Centro Social Polivalente.

- III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES: O Concello de Brión en colaboración coa Diputación de A Coruña veñen de presentar o III plan de igualdade entre homes e mulleres que estará en vigor durante os anos 2016 a 2019. Podes ver o texto integro no apartado de Servizos Sociais.

- REXISTRO MUNICIPAL DE FAMILIAS DE ACOLLIDA PARA REFUXIADOS: Vense de crear no concello un rexistro con tal fin, os interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais ou ao tl. 981 50 99 10.

- OBRIGAS DOS POSUIDORES DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA: Recordatorio das obrigas que han de cumprir os posuidores de animais domésticos de compañía segundo a ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, publicada no BOP Nº 50, do 1 de marzo de 2003.

Presentación Xulio Cid
Día do Teatro
Sendeirismo Abril 2017