titulo de benvida

INFORMACIÓN LEGAL
http://www.concellodebrion.org

Datos fiscais:
Excmo. Concello de Brión
Actividade: Administración Pública
C.I.F.: P 1501300 F
Telefono:
981 88 70 06
Enderezo:
Carballeira de Santa Minia, nº 2
15865 - Pedrouzos - Brión
A Coruña
Fax.:
981 88 74 31


Aviso Legal:

O Concello de Brión ten como obxectivos do web www.concellodebrion.org subministrar información ós cidadáns dun xeito útil, claro, comprensible, concreto e axeitado, respondendo ós criterios que unha administración pública ten adquiridos cos seus cidadáns. O Concello de Brión fará os esforzos precisos para evitar erros e, no su caso, reparalos ou actualizalos o antes posible, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado.

O Concello de Brión poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu web ou na súa configuración ou presentación.

O acceso ó web, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de Brión non se responsabilizará de ninguna consecuencia, dano ou prexuizo que puideran derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estricto exercicio das suas competencias.

A información proporcionada a través deste web ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, que se atoparán suxeitos exclusivamente á normativa que lles sexa de aplicación, e que oficialmente son facilitados polos órganos administrativos do Concello de Brión.

No web incluíronse ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros (“links”) que se consideraron de interese para os usuarios. Sen embargo, o Concello de Brión non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos dos enlaces de terceiros ós que se fai referencia no web.

Os dereitos de propiedade intelectual deste web, o seu deseño gráfico e a información que contén, son de titularidade do Concello de Brión, a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras, a non ser que sexa para uso persoal e privado, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do Concello de Brión ou daquel que sexa titular, e que poden dar lugar ó exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que de dito exercicio se deriven.

Política de privacidade:
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste web estarán suxeitos ó establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demáis normativa de aplicación. Os datos que se poidan recoller trasladaranse informáticamente ou arquivaranse co consentimiento do ciudadán, quen ten dereito de rectificación, modificación, a decidir quén pode ter os seus datos, para qué os emprega, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se empreguen para a fin que se recollen, coas excepciones contempladas na lexislación vixente.

A solicitude de datos que o web do Concello de Brión lle fai actualmente concrétase en:

- Solicitarlle exclusivamente os datos estrictamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servicios do web, formularios de contacto, etc. que non almacenan información en base de datos, e que se solicitan a efectos de verificar a súa identidade e poder así ofrecerlle unha resposta axeitada.

- Obter automaticamente a mínima información técnica imprescindible para darlle un bo servicio. Cando se conecta, analizamos exclusivamente o tipo de navegador que está empregando (Internet Explorer, Netscape, Mozilla etc.) e a súa versión co obxectivo de seleccionar a folla de estilo más axeitada e que a visualización do web sexa correcta, así como o idioma e o xogo de caracteres do seu navegador con mesmo motivo.

- Emprego automático de "cookies" de visita co obxecto exclusivamente estatístico (en concreto, coñecer o número de "visitantes únicos" que tén o noso web), e que non almacenan máis información que un número xerado aleatoriamente.

Se o usuario de www.concellodebrion.org non desexa aceptar a grabación da "cookie" no seu ordenador, poderá navegar polo web sen nengún tipo de restrición.