Benvida actividades emprego
activiades anuais
 

PASOS A SEGUIR SE QUERES OFERTAR UN TRABALLO:

1. Cubrir unha ficha coa oferta de emprego dos seguintes xeitos: en persoa ou a través do correo electrónico.
2. A continuación realízase un filtrado na base de datos da Bolsa de Emprego, axustándose ás características da oferta.
3. O ofertante recibirá este listado do xeito solicitado (e-mail, fax, correo postal, en persoa) e poñerase en contacto cos demandantes de emprego, concertando directamente con eles as condicións de traballo.
4. Unha vez rematado o proceso de selección comunicará o resultado á responsable da bolsa de emprego.

FICHA DE OFERTANTE DE EMPREGO

 
Actividades en vigor
 

PASOS A SEGUIR SE ESTÁS BUSCANDO TRABALLO:

1. Entrevista persoal coa AEDL para cubrir unha ficha cos datos persoais e profesionais do demandante.
2. Cando se recibe unha oferta de traballo elabórase un listado de candidatos tendo en conta tanto as características da oferta coma as dos demandantes inscritos.
3. Este listado envíase ao empresario, que é o encargado de poñerse en contacto cos inscritos, concertando con eles directamente as condicións de traballo.
4. As persoas inscritas deberán actualizar a súa demanda 4 veces ao ano para manter actualizados os datos da Bolsa de Emprego. A renovación farase na 1ª quincena dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro, en persoa ou telefónicamente.

FICHA DE DEMANDANTE DE EMPREGO

 
Actividades pasadas
 

Para a busca activa de emprego é recomendable ter un curriculum vitae. Se non o tés, ou o que tés está desfasado, achégate ao concello a facelo.

 
Actividades pasadas
 

CONCELLO DE BRIÓN - OFICINAS XERAIS
PRAZA DO CONCELLO 1, BRIÓN
Tl. 981 88 70 06
Fax. 981 88 74 31
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 hrs.

 mail