Celebramos a volta á escola
17 DE XULLO DE 2019

- CELEBRAMOS A VOLTA Á ESCOLA: con duas actuacións para público infantil, RADIO BULE BULE de PACO NOGUEIRAS o día 13 de setembro as 18h. e CANTAMOS? con LUIS VALLECILLO o día 20 de setembro ás 18h. Ambalas duas na na Sala Municipal de Exposicións con entrada de balde ata completar o aforo.

- DIGITALIZADAS: Actividades de formación básica en competencias dixitaisl, ferramentas na rede para a empregabilidade e ferramentas na rede para o emprendemento, inscricións ata o venres día 19 de xullo na Casa da Cultura.

- CURSO CREA A TÚA APP: Para mozas e mozos de 12 a 18 anos o vindeiro 18 de xullo de 2019 na Aula Cemit do Concello de Brión. Informate no 981 50 99 08.

- EDICTO: Emprazamentos no procedemento ordinario 0000272/2017.

- VI FESTIVAL FOLCLÓRICO DE BRIÓN: O vindeiro 21 de xullo ás 21h. na Carballeira de Santa Minia. Participaran o Obradoiro de cultura tradicional CHORIMA DE ROIS e as Escolas de danza e música tradicional do CONCELLO DE BRIÓN.

- PIRAGÜISMO: Para rapaces/zas maiores de 8 anos. En Ponte Ínsua (Ons) todos os venres durante os meses de Xuño, Xullo e Agosto. Obrigatorio saber nadar e pagar a correspondente ficha federativa.

- AXUDAS A EMIGRANTES GALEGOS RETORNADOS: A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publica a convocatoria de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas. Información no departamento de Servizos Sociais Municipais ata o 30 de agosto de 2019.

- REPOBOACIÓNS FORESTAIS: Aviso segundo a Lei 7/2012 de Montes de Galicia sobre as repoboacións forestais e as distancias que teñen que deixar as novas plantacións.

- PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCEDIOS FORESTAIS DE GALICIA: Recordatorio das obrigas dos responsables dos terreos forestais contemplados na Lei 3/2007.

- AS PEGADAS DE ROSALÍA: Consulta toda a información sobre o itinerario cultural a partires dunha ruta xa existente deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra, e que une os concellos de Santiago, Ames, Brión, Padrón e Dodro.

- III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES: O Concello de Brión en colaboración coa Diputación de A Coruña veñen de presentar o III plan de igualdade entre homes e mulleres que estará en vigor durante os anos 2016 a 2019. Podes ver o texto integro no apartado de Servizos Sociais.

- OBRIGAS DOS POSUIDORES DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA: Recordatorio das obrigas que han de cumprir os posuidores de animais domésticos de compañía segundo a ordenanza municipal de posesión e custodia de animais, publicada no BOP Nº 50, do 1 de marzo de 2003.

Celebramos a volta á escola
Digitalizadas
Piragüismo 2019